3 Women ★★★★

Lembra a Lynch non da forma que esperaba, porque verdadeira ligazón non debe ter tanto que ver coa trama onírica, como que esta representa ó mesmo tempo unha iconografía de certos comportamentos psicolóxicos dos personaxes en relación a unha herdanza cultural centenaria e nacional. Quero dicir, que mentres en Fellini esta relación coa experiencia subxectiva o individuo ligábase a unha tensa relación entre o espectáculo e a vida, tanto Altman coma Lynch encaixan súas narrativas en contextos claramente enmarcados por unha historia recente e elementos pop que a poboan (bombas nucleares, country, cowboys...). Dende Texas, os vaqueiros e os bares de moteiros, a admiración polas armas e o gótico americano; todo inflúe nesa construción acostumada a obra de Altman. Ata certo punto pode pasar desapercibido, pero é máis que evidente que dentro da elaboración tan propia de Lynch para rebelar os sentimentos ocultos ou oprimidos, esa introspección nunca ignora a nación e a historia que rodea a eses personaxes -ata certo punto pode levarse esa relación do individuo co mundo e, dentro de todo o metafórico, co real cando entra en Persona a través do televisor ou da fotografía do neno de Varsovia; pero esa vinculación nunca chega a un intento de definir a estética da súa nación ou dunha tradición clara como de un suceso concreto-. Sobre todo chama a atención cando a película ten diferentes tramas ligadas a obviar o pasado, rexeitar dos pais e do propio nome (tanto Millie como Pinky rexeitan o nome de nacemento, para logo Pinky rexeitar do seu propio alcume) é renacer sen o percorrido. Algo tamén obvio na relación co único home da película, co aborto ó final da mesma e a incapacidade de falar do trauma que provoca ambos (sempre soterrado e presente sen verbalizalo).

O do vampirismo dáme un pouco de pereza superficialmente, sobre todo cando a figura funciona como metáfora de particularidades estancas da mesma personalidade (como moita xente apunta, gran parte da película non deixa de moverse no tópico da puta e a virxe, o maduro e o infantil, o experto e o principiante...). Agora, cando a película aproveita para crear fluxos nestas identidades, déixanse influír unha a outra e serven un proceso de intercambio de certos trazos, suplantación e logo volta ó inicio a sensación non é só máis abstracta e menos metafórica (algo que tende a aplanar os significados), crease unha personalidade difusa, que custa definirse polos seus cambios e variacións, influíndo no ambiente de rareza e na inestabilidade emocional dos suxeitos que retrata. Afecta tamén o uso de figuras como o dobre, simboloxía empobrecida cando funciona como distinción entre elementos antagónicos, pero moi interesante cando serve máis como elemento do propio elemento da película sen necesidade dunha lectura ou comentario sobre o mesmo (as xemelgas, as pinturas, os espellos e os reflexos...). Interésame non cando representa e polo tanto só vale como ponte do que quere significar, senón cando ten valor en si mesmo, ignora a intelectualización do mesmo e sirve como vehículo expresivo da obsesión.

Non é un Altman polo que sinta especial predilección. Paréceme fascinante que alguén antes que Lynch conseguira levar certas tendencias do cinema europeo dos sesenta a unha tradición tan Americana (non como xentilicio, senón a conxunción de fetiches que crean esa identidade nacional). Si creo que é, polo menos no que teño visto de el, a única onde o desvalemento desta construción non faise por medio de grandes traxedias ou personaxes, senón dende a experiencia interior. Sería unha película moi ridícula de seguir na lectura de que intenta representar a “psicoloxía feminina” en tres etapas da vida, para min va moito máis alá: destapar os engrenaxes do interior do Imperio dende a elaboración dun retrato dos mecanismos da subxectividade, tarefa complicada na miña opinión.

Víctor liked this review