As clásicas ironías sirkianas non nacen do sarcasmo ou dunha mirada cómica sobre o mundo, senón da ironía tráxica do arrepentimento. Personaxes que intentan remediar decisións do seu pasado das que non poden senón arrepentirse, buscando a felicidade que un día negaron sen saber o que implicaban e que agora ansían máis que nada no mundo. Unha nai da o seu fillo para estar co seu marido en América, pero este suicídase en noitevella. Decide volver a Alemaña para facerse…
-
-
A Time to Love and a Time to Die 1958
Facía tempo que non me sentía tan conmovido por unha película -ata o punto de deixarme sen voz e facer titubear miñas palabras-, pero non quería deixar pasar a película sen dicir unhas cousas, polo que isto non será máis que unhas breves palabras.
Concordo co que expresa Armond White cando divide a visión da guerra dos norteamericanos (esperanzadora, emocional, plástica) coa dos europeos (distante, violenta, realista). Douglas Sirk non deixa de ser un exiliado alemán, pero ofrece esa esperanza…
-
Bambi 1942
Nada do seu doce infantilismo e a diversión dos animais do bosque resta a Bambi do que é, un dos grandes exemplos das grandes tarefas cinematográficas: a creación dunha empatía co Outro. Nos primeiros minutos créase unha sensación de fraxilidade, da incapacidade de Bambi por moverse polo mundo, o apoio que necesita e a forza que demostra por continuar. Eses primeiros pasos, que sen dúbida son adorable e infantís, crean sentimento de protección sen necesidade de ser paternalista, sen querer…
-
3 Women 1977
Lembra a Lynch non da forma que esperaba, porque verdadeira ligazón non debe ter tanto que ver coa trama onírica, como que esta representa ó mesmo tempo unha iconografía de certos comportamentos psicolóxicos dos personaxes en relación a unha herdanza cultural centenaria e nacional. Quero dicir, que mentres en Fellini esta relación coa experiencia subxectiva o individuo ligábase a unha tensa relación entre o espectáculo e a vida, tanto Altman coma Lynch encaixan súas narrativas en contextos claramente enmarcados por…
-
Undersea Fantasy 1940
Quen esperaría que a carreira de Rossellini comezara cun documental tan similar ó estilo de David Attenborough: educación mesturada con intriga e dinamismo narrado sobre un montaxe de xestos dos animais que personifícanse por unha voz en off.
Unha forma moi naif e simplificada de entender a forma na que Rossellini traballa e dramatiza a realidade en toda a súa obra.
-
Education 2020
O mellor capítulo, tal vez por ser a síntese perfecta dos valores formais da serie: as estruturas elípticas sobre as que ciméntase a narrativa, a evolución ideolóxica como arco dramático dos personaxes, a montaxe dos tempos mortos sobre un montaxe de accións, os códigos de planificación que combinan secuencias con maior predominancia nun sentido estético máis plástico, coas que están máis baseadas na improvisación e a naturalidade dxs intérpretes... O máis fascinante, ou o que máis permite facelo destacar sobre…
-
-
Alex Wheatle 2020
Como case todo o mundo parece coincidir, a menos interesante das películas de Small Axe -sen ter visto aínda Education-. A máis simplificada no seu discurso e a máis evidente nas formas de representación deste. As relacións complexas do conflito paterno-filial da anterior historia dan paso a un proceso de politización individual tan amable e fluído que perde as contradicións internas inevitables a estes procesos. Nunca deixa de ser unha película brillante, inferior ó resto sen chegar a manchar o…
-
Red, White and Blue 2020
A familia era o gran tema oculto en Small Axe. Estaba no embarazo de Mangrove, na comunidade que formaba o bar; tamén en Lovers Rock, coma elemento de opresión en off da que escapaba a filla, os problemas co primo e a súa e probablemente algún outro elemento que escápase a miña memoria. En todos estes elementos a familia non é un conflito, pode ser un obstáculo, pero nunca coma unha reposta directa. As relacións familiares nunca foron motivo de…
-
Lovers Rock 2020
dáme rabia ter pouco tempo para explicarme e revisar o que escribo, pero isto é o máis alto que chegou McQueen ata agora. case é unha exploración das escenas de baile e festas de Mangrove, sen o proceso xudicial que vertebraba esta. a creación dun propio espazo, a configuración dunhas dinámicas seguras para certo sector da poboación; explota eses intereses dunha forma desinhibida, anti-intelectual e afastada dos problemas burocráticos do primeiro capítulo. da mesma forma que o acento e o…
-
Mangrove 2020
ós dez minutos de comezar a película pareina para facerme a cea. comecei a pensar sobre ela, sobre como propoñía transcender as políticas identitarias a unha construción histórica colectiva -é dicir, da historia dun colectivo oprimido específico á narrativa de toda a nación-. a miña equivocación foi pensar que estes supostos contradicíanse ou non formaban parte do mesma visión, cando a realidade pragmática destas políticas non deixan de ser, en si mesmas, reflexións históricas. // “We will start with the…
-
Tetsuo: The Bullet Man 2009
•> Hooptober 7: #40 <•
na segunda sorprendíame por ese abandono dos tópicos de rascaceos por unha ambientación máis industrial e obreira. esta entrega é obvio que tende a ese aspecto convencional de edificios acristalados, de arquitecturas modernas e os espacios de tránsito dos centros das grandes cidades ou os barrios comerciais delas. é a cinta máis convencional da saga ata no seu concepto de familia -algo que xa explora na segunda no conflicto entre irmáns-. estou interesado na tríada…